A alcaldesa recibe a un grupo de estudantes de Helsinki que realiza un intercambio co David Buján

22 Mar 2025

Helsinki e Cambre están unidos a través dun novo programa no que participa o IES David Buján e o seu homólogo finlandés Taivallahden Peruskoulu. A alcaldesa, María Pan, recibiu, esta semana, aos estudantes cambreses e finlandeses que están a participar neste intercambio lingüístico Erasmus+. A rexedora deulles aos mozos e mozas a benvida, animándoos a seguir participando neste tipo de iniciativas “coas que continuades aprendendo tamén fóra das aulas”.

Durante a recepción, a rexedora realizou unha breve presentación na que expuxo aos visitantes algúns dos atractivos do municipio, como a igrexa románica de Santa María de Cambre, o paseo fluvial ou o paso polo concello do Camiño Inglés, así como eventos como o Entroido, a Galaicoi, a feira Open Science ou o festival Rock in Cambre.

No mes de febreiro, foron os cambreses os que se desprazaron a Helsinki. Agora, as finlandesas fixeron o propio, participando, ao longo da semana, nun completo programa de actividades. Entre elas, nas clases do instituto cambrés co obxectivo de seguir perfeccionando o seu nivel de español. A maiores, tiveron tempo para visitar a igrexa de Santa María de Cambre e o Museo do Xacemento e os museos e a Torre de Hércules da Coruña. O programa incluíu tamén unha clase de surf, un taller de elaboración de pan e mesmo a realización dun tramo do Camiño de Santiago.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.