A arte cultívase entre o alumnado de 2º de Bacharelato do Afonso X O Sabio

28 Feb 2024

Estudantes de 2º de Bacharelato e expertas do mundo contemporáneo reuníronse na xornada de onte, martes 27 de febreiro, ao redor dunha mesa no auditorio da Fundación Luís Seoane para falar, dialogar e reflexionar sobre o estado actual da arte contemporáneo.

A mesa redonda foi organizada polos profesores Marta Moreira e Sergio Vázquez, do IES Afonso X O Sabio, e coordinadores do Contrato Programa de Excelencia Educativa da Xunta de Galicia. O obxectivo desta iniciativa é complementar a formación do alumnado que está especialmente interesado nunha materia, neste caso a arte, coa formación recibida na aula.

A xornada foi de portas abertas ao público xeral, aínda que se dirixía especialmente ao alumnado deste curso de Historia da Arte, Patrimonio e Movementos Culturais, todas materias que profundan no estudo da arte.

As persoas asistentes puideron gozar dunha intensa conversación entre Soledad Penalta, escultura e académica de Belas Artes, Asunta Rodríguez, galerista e académica, e Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane. Entre outros aspectos, trataron os seus puntos de vista sobre as súas prolíficas traxectorias profesionais.

A actividade será completada o próximo mes cunha viaxe a Pontevedra, onde o alumnado visitará a ‘Illa das esculturas’, e o centro histórico da cidade. Ademais, tamén gozarán dunha visita guiada pola Fundación Manolo Paz de Cambados polo propio escultor, para coñecer de primeira man a súa traxectoria.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.