A Biblioteca Central recibe a visita das tres profesoras portuguesas que estes días gozan en Cambre dunha estancia de ‘Job Shadowing’

28 Feb 2024

A concelleira de Educación, Ana Rodríguez López, o de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, e o bibliotecario, Gaspar Domínguez, recibiron esta mañá na Biblioteca Central Municipal ás tres profesoras portuguesas que esta semana visitan o municipio para facer unha estancia formativa de ‘Job Shadowing’.

Esta técnica educativa implica pasar un período breve de tempo nun lugar para observar e coñecer en primeira persoa o traballo diario dos profesionais do centro, neste caso o IES David Buján. Deste xeito, Alda Franco, Aldina Gregório e Carmen Vieira, profesoras na Escola Secundaria de Madeira Torres, en Torres Vedras (Portugal), actúan como observadoras para vivir o traballo que se desenvolve a diario.

Ademais de coñecer e participar en distintas actividades educativas desenvoltas no centro, as tres mestras están a coñecer outros puntos e servizos do municipio, como a biblioteca.

Alí tomaron contacto coas instalacións, coñeceron os distintos materiais de lectura dispoñibles e as iniciativas que se desenvolven nas instalacións.

A edil de Educación destacou que “desde a Concellería de Educación aplaudimos este tipo de iniciativas, xa que consideramos que o intercambio cultural é algo moi positivo para todos e todas”, ademais, aproveitou a oportunidade para animar “ao profesorado a continuar desenvolvendo este tipo de accións e actividades, que son do máis enriquecedoras para todas as persoas participantes”.

Pola súa banda, Alcantarilla agradeceu o traballo realizado desde os centros educativos e a presencia no municipio destas tres mestras “esta visita favorece a creación de vínculos entre os dous países e a adquisición de distintos coñecementos culturais e educativos que, de seguro, favorecen o desenvolvemento de novas aprendizaxes”.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.