A Casa do Concello recibe a visita de trece alumnos de Oxford de intercambio lingüístico

23 Out 2024

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu na mañá deste martes 22 a visita do alumnado e profesorado da Wychwood School de Oxford (Inglaterra), que se atopan en Cambre como parte dun intercambio lingüístico co IES David Buján.

Na visita participaron trece alumnas e alumnos ingleses de entre 13 e 19 anos, que permanecerán en Galicia ao longo desta semana, asistindo a clases e realizando visitas e actividades. Á súa vez, estiveron acompañados de profesorado e outros trece alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES David Buján, cos que comparten esta iniciativa.

A alcaldesa María Pan foi a encargada de recibir a alumnado e profesorado nas instalacións municipais. Durante unha breve presentación, a rexedora expuxo aos visitantes algúns dos atractivos do municipio, como a Igrexa románica de Santa María de Cambre, o paseo fluvial ou o paso polo concello do Camiño Inglés, así como eventos como o Entroido, o Galaicoi, a feira OpenScience ou o festival Rock in Cambre.

Para concluír o acto, representantes do centro educativo inglés ofreceron como obsequio ao Concello un libro dedicado con imaxes e ilustracións de Oxford.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.