A creatividade e o esforzo teñen premio: estes son os locais gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal

26 Xan 2023

O esforzo e a creatividade teñen premio. E se non, que llo pregunten aos seis establecementos de Cambre que se converteron en gañadores do XIV Concurso de Escaparates de Nadal: J. Kids, Entretelando, Endulzarte, Bicicletas Brais Chas, Farmacia O Temple e La Románica. O edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, felicitou, persoalmente, a algúns dos galardoados desta edición, agradecéndolles “a súa grande implicación neste tipo de iniciativas, coas que buscabamos incentivar as compras e o consumo nos negocios de Cambre durante as festas de Nadal”. A catorce edición congregou a uns corenta negocios do termo municipal. De entre os participantes, un xurado escolleu aos seus favoritos e entregou un 1º, 2º e 3º premio, así como dous accésit, un á sustentabilidade e outro por adecuación ao produto. A maiores, a cidadanía puido conceder tamén, a través dos seus votos, un dos galardóns á súa proposta favorita. A relación de premiados é a que, a continuación, indícase:
  • J. Kids moda infantil: 1º premio (1.000 euros)
  • Entretelando: 2º premio (700 euros)
  • Endulzarte: 3º premio (500 euros)
  • Bicicletas Brais Chas: accésit por sustentabilidade (400 euros)
  • Farmacia O Temple: accésit por adecuación ao produto (400 euros)
  • La Románica: premio por votación popular (1.000 euros)

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.