O Certame Literario Xoán Díaz continúa a ofrecer unha plataforma para o talento literario da mocidade galega. A iniciativa, organizada polo Concello e os institutos de educación secundaria do municipio, completou este ano a súa 31ª edición co acto de entrega de premios, que tivo lugar este xoves no Salón de Actos do IES David Buján.
Tras o fallo do xurado, feito público a semana pasada, nesta edición entregáronse dez galardóns ás novas promesas da literatura en lingua galega:
Poesía:
Categoría A (de 12 a 14 anos)
1º premio: Noa Pardo Buenestado – «Baleiro…»
Categoría B (de 15 a 18 anos)
1º premio: Dhayala Thalia De Lima Fernández – «Nada me chama»
2º premio: Mary Carmen Ferreiras García – «As estacións do amor»
Categoría C (de 19 a 30 anos)
1º premio: María Paula Currás Prada – «Museo de historia artificial»
2º premio: Manuel Xiráldez Leal – «Nada condenada»
Narrativa:
Categoría A (de 12 a 14 anos)
1º premio: Sara Pulgar Fernández – «A vosa identidade e a miña consciencia»
Categoría B (de 15 a 18 anos)
1º premio: Leo López Vázquez – «Demasiado silencio»
2º premio: Tomás Andrade Boga – «O pozo da campá»
Categoría C (de 19 a 30 anos)
1º premio: Carla López López – «Respira»
Microteatro:
Categoría A (de 12 a 14 anos)
1º premio: Félix Otero Vázquez – «O bosque dos soños»
Nesta ocasión, o IES David Buján foi o centro que acolleu o acto de entrega de premios do certame literario cambrés. O evento contou coas intervencións do director do IES David Buján, D. César Docanto Vázquez; a directora do IES Afonso X O Sabio, Belén Vidal Marcote; Dª. Mercedes Díaz, irmá de Xoán Díaz; Dª. María Luisa Fernández Santín, asesora da Área de Servizos Sociais, Educación, Cultura e Movemento Asociativo; e D. Antón Porto Sánchez, representante do xurado. O xurado desta edición estivo composto por Dª. Patricia Fuciños Calle, Dª. Andrea Maceiras Lafuente, Dª. Inmaculada Otero Varela, D. Antonio Porto Sánchez e Dª. Patricia Precedo Estraviz, especialistas vencelladas ao ensino e/ou á creación literaria.
Ademais da entrega de premios, realizáronse lecturas das obras galardoadas. A música estivo a cargo do coro xuvenil ‘As Roseiras Cantareiras’ e da agrupación tradicional ‘A Randeira de Cambre’.