A música e o baile marcan a inauguración do primeiro Poboado de Nadal da historia de Cambre

23 Dec 2022

A música e o baile marcaron, onte, a inauguración oficial do primeiro Poboado de Nadal da historia de Cambre. En concreto, da man do alumnado da Academia de Baile SBM & Sto dance, o público asistente puido gozar de varias actuacións realizadas por parte do cadro de persoal de bailaríns da escola. A programación no poboado continuará ao longo de todo o Nadal, ofrecendo aos nenos e nenas talleres, actividades ao aire libre e as visitas de Papá Noel e os seus elfos. O Poboado de Nadal estará localizado no parque Ramón Barba ata o 5 de xaneiro. O recinto contará con varias casetas onde se levarán a cabo talleres e visitas de Papá Noel e os seus elfos. A maiores, sempre que as condicións climatolóxicas permítano, estas propostas combinaranse con outras actividades ao aire libre. Salvo os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, haberá un taller infantil de forma diaria. En canto ao horario, estes serán de 17.00 a 21.00 horas, menos o 24, o 31 de decembro e o 5 de xaneiro, cando se organizarán de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas. Acompañados por monitores, os e as participantes realizarán talleres de decoración de bolsas de papel, adornos para a árbore, colaxe, cociña, portavelas, chapas, pestillos, reciclaxe, centros florais, monicreques e agasallos. Os nenos e nenas que desexen coñecer a Papá Noel e aos elfos terán a ocasión de facelo tanto hoxe, venres 23 de decembro (de 17.00 a 21.00 horas), como mañá, sábado 24, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas. O Poboado será, ademais, o escenario do espectáculo Kote (30 de decembro ás 18.00 horas), no que se combinarán o circo, o teatro, os malabares e o humor.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.