A OMIX Cambre celebra que ‘Por fin é venres’ con catro actividades para febreiro

26 Xan 2024

A OMIX Cambre organiza, dentro do seu programa Por fin é venres, diferentes Obradoiros durante as tardes este día da semana nas dúas instalacións xuvenís.

Por un lado, o 2 de febreiro Casa das Palmeiras acollerá unha tarde de fotografía con luz, na que os participantes poderán experimentar coa técnica do light painting, consistente en rexistrar fotograficamente a traxectoria dunha fonte luminosa en movemento nun ambiente con pouca luz. Terá lugar de 19:00 a 21:00 horas.

En paralelo, Casa Arrigada será o escenario no que se levará a cabo un taller de construción de caixas niño, para instalalas no xardín. Se levará a cabo de 18:00 a 20:00 horas.

El último venres do mes, día 23, na primeira localización desenvolverase unha tarde de videoxogos na que as persoas participantes poderán mostrar os seus dotes xogando á consola.

Por outro lado, ese mesmo día na Casa Arrigada farase un taller de decoración de cadernos, onde a imaxinación e a creatividade dos asistentes poderá desenvolverse ao máximo.

As actividades son gratuítas e están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web omix.cambre.es.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.