A OMIX celebra un xogo de rol para descubrir a historia de Cambre e a súa relación coa orde dos Templarios

27 Nov 2023

A pegada que os Templarios deixaron en Cambre contada a través dun xogo de rol. Esa é a proposta que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ten preparada para este venres, 1 de decembro. Detrás da iniciativa atópase o traballo de Celia Fernández Guitián, unha estudante de Educación Social que está facendo as prácticas de carreira no departamento xuvenil.

O xogo busca un dobre obxetivo. Por un lado, preténdese transmitir aos máis novos a historia do Temple durante os séculos XIII e XIV, así como a vinculación da parroquia con esta orde medieval. Polo outro, máis aló do propósito formativo, a actividade deseñouse tamén para inculcar aos mozos e mozas certas habilidades sociais. Entre elas, destaca o traballo en equipo, a creatividade e incluso outras habilidades como a negociación. Desta forma, a OMIX dará resposta tamén a unha das solicitudes máis demandadas durante o último proceso participativo Faite Oír!

O xogo de rol estará ambientado na feira Burgo de Faro, unha cita de referencia nesa época. Durante a mesma, xurdirá un conflito entre bandos (Templarios, artesáns e artistas) pola xestión deste gran mercado. Para vencer a contenda e facerse coa xestión do mesmo, os equipos participantes deberán enfrontarse a diversas probas de lóxica, orientación espacial e desafíos diplomáticos.

La actividade desenvolverase, no solo no interior de Casa das Palmeiras, senón que os espazos exteriores servirán tamén de escenario.

Preparación

A actividade deste venres estivo precedida dunha tarde de preparación na que a mocidade puido crear as súas personaxes e confeccionar os seus disfraces.

O xogo terá lugar en Casa das Palmeiras o venres, de 18.00 a 20.00 horas. O prazo de inscrición para ambas as actividades xa está aberto. As persoas interesadas poderán anotarse a través da páxina web.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.