A OMIX celebrará un campamento para inculcar competencias dixitais aos máis novos

14 Mar 2025

A protección dos datos persoais, o coidado da privacidade, a procura de información, o ciberacoso ou o tempo de uso das redes sociais. Estes serán, unicamente, algúns dos temas que se abordarán durante o Campamento Dixital que a OMIX de Cambre celebrará en Semana Santa xunto á Fundación Cibervoluntarios. O programa desenvolverase ao longo de tres xornadas, entre o 14 e o 16 de abril.

Con esta iniciativa buscarase que os mozos aprendan mentres se divirten, traballando ao redor das seguintes premisas: o futuro está nas súas mans, deben saber dominar e controlar o tempo de uso da internet e redes sociais, teñen que prestar atención á protección dos seus datos persoais e, por último, que existen múltiples ferramentas dixitais coas que potenciar a súa carreira.

Ao longo das sesións daránselles pautas para buscar información de valor na internet, filtrando datos dunha maneira máis efectiva, descubrirán competencias dixitais útiles para a procura de emprego e aprenderán a facer un uso consciente da internet e das redes sociais. Así mesmo, informaráselles sobre a importancia de coidar da súa privacidade, axudándolles a crear contrasinais seguros e a protexer os seus datos persoais.

Todas as actividades levaranse a cabo en Casa Arrigada e en horario de 10.00 a 13.00 horas e están dirixidas a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos. As inscricións poden tramitarse xa a través do formulario online.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.