A OMIX iniciará o ano cunha saída para ver o primeiro partido do Deportivo en 2024

23 Dec 2023

O inicio do ano é sempre unha época de novos propósitos, e na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre tomárono ao pé da letra. Tanto que, atendendo ás peticións que os máis novos trasladaron no Faite Oír!, os mozos e mozas poderán gozar do primeiro partido do Real Club Deportivo de La Coruña en 2024. Esta acción realízase en colaboración co propio club, que doou as entradas para asistir ao encontro fronte á Real Sociedad B o 4 de xaneiro. A actividade é completamente gratuíta pero terá un carácter solidario. Así, as persoas asistentes deberán achegar unha tableta de turrón e outro produto de Nadal que se destinará á Despensa Municipal de Alimentos de Cambre. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o mércores, 27 de decembro, ás 14.00 horas na páxina web da OMIX Cambre. A proposta está englobada dentro do programa Kdadas de Nadal e, con ela, darase resposta ás peticións dos participantes do Faite Oír!, un proceso no que solicitaron máis actividades en grupo e fóra do termo municipal.

Tamén che pode interesar