A OMIX vestirá as súas mellores galas para a celebración de Palmeiras Choqueiras, a festa de Entroido para os máis novos

24 Feb 2025

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre vestirase coas súass mellores galas para celebrar a Palmeiras Choqueira, unha festa pensada para os máis novos do municipio. A cita terá lugar este venres, 28 de febreiro, a partir das 18.00 horas na instalación xuvenil de O Temple.

A celebración está encadrada dentro do programa Por fin é Venres e incluirá xogos, karaoke, baile e mesmo un desfile de disfraces. O remate estará marcado pola entrega de galardóns, cos que se premiará ao disfrace máis orixinal, o máis elaborado e o máis divertido.

O broche de ouro será unha merenda colaborativa na que cada persoa participante levará a Casa das Palmeiras algunha receita, prato ou sobremesa típico da época para compartir co resto.

As persoas interesadas poden inscribirse xa a través do formulario web habilitado na páxina web da OMIX.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.