A orixinalidade e a creatividade terán premio no Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo

14 Feb 2023

A orixinalidade, a creatividade, o uso de materiais reciclados, a posta en escena, e a conservación da tradición. Estes serán, unicamente, algúns dos aspectos que o xurado do Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo terá en conta á hora de outorgar os galardóns do concurso de disfraces, comparsas e carrozas. A cita, que conta cun gran arraigamento no municipio, celebrarase o 25 de febreiro.

Por unha banda, na modalidade de disfraces haberá dúas categorías: infantil (dirixida a menores de 12 anos) e xeral (a partir dos 12 anos). En ambas as dúas poderase participar de forma individual ou en grupo. No caso dos grupos terase en conta a idade da maioría das persoas participantes para incluír á agrupación nunha ou outra categoría.

Polo outro, na modalidade de comparsas poderán participar as agrupacións previamente rexistradas e compostas por un mínimo de seis persoas con disfraces relacionados entre si. Unha vez estean no escenario –e ante o xurado do certame- poderán realizar un pequeno espectáculo de tres a catro minutos. As comparsas do municipio que tomen parte no concurso recibirán unha gratificación de 100 euros –sempre que o número delas non supere o total de cinco-.

Por último, á modalidade de carrozas poderán sumarse aquelas compostas por seis ou máis compoñentes, inscritas previamente, presentes no punto de saída e que participen no desfile ata o Campo da Feira.

Un xurado valorará aos mellores participantes de cada categoría tendo en conta os seguintes criterios: orixinalidade, estética, creatividade e traballo na elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas; posta en escena, animación musical, capacidade de interacción do público e mobilización das masas, sátira e crítica social; conservación do Entroido tradicional e uso do galego –tanto oral como escrito-, emprego de materiais reciclados e inspiración en fontes culturais para a temática das carrozas, comparsas e disfraces.

Tras a decisión do tribunal, entregaranse os seguintes premios:

  • Disfraces

Infantil: 150 euros

Xeneral: 150 euros

  • Comparsas

1º premio: 300 euros

2º premio: 200 euros

  • Carrozas

1º premio: 500 euros

2º premio: 400 euros

3º premio: 250 euros

4º premio: 150 euros

O período de inscrición estará aberto ata o día 20 de febreiro. As persoas interesadas en participar poderán anotarse mediante a presentación da solicitude nos Rexistros de Cambre ou a través da sede electrónica.

Extracto bases

Acceso ás bases

Ficha inscrición disfraces 2023

Ficha inscrición carrozas 2023

Ficha inscrición comparsas 2023

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.