A película de animación ‘Os demos de barro’ chega este venres á Casa da Cultura de Cambre

3 Feb 2023

Este venres, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura Vila Concepción de Cambre acollerá a proxección da película ‘Os demos de barro’, nomeada aos Premios Goya 2023 na categoría de Mellor película de animación e con 12 candidaturas previas. Esta longametraxe dirixida por Nuno Beato narra a historia de Rosa, unha muller moi profesional e valorada no mercado empresarial que, debido á esixencia do seu traballo, vese afastada do seu avó. A morte deste acaba provocándolle á protagonista un ataque de estrés que sementa a dúbida das súas decisións e fai que abandone a súa cidade para volver aos recordos da súa infancia. Pero esta viaxe non a fará soa, senón que estará acompañada dun grupo de demos de arxila que a consolan e guían no seu novo camiño. Ademais desta proxección, as persoas asistentes poderán coñecer en persoa a varios membros do equipo de produción como a xefa do departamento, Laura Zapata; aos modeladores Laura Blanco e Jorge Rodríguez “Gorka” e ao cambrés e director de animación David Saborido que, nesta ocasión, participou na película como animador e técnico de impresión 3D. Para o visionado do filme será necesario reservar entrada chamando ao 881 977 432 ou na propia Casa da Cultura.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.