A Peña Ciclista Monte Xalo organiza o IX Paseo Senda do Mero

18 Set 2023

A Peña Ciclista Monte Xalo organiza este sábado, 23 de setembro, a IX edición do Paseo Ciclista Senda do Mero. Trátase dunha actividade solidaria na que os participantes poderán doar alimentos non perecedoiros que irán para a despensa municipal.

Os ciclistas participantes partirán desde a Casa do Concello ás 17.00 horas. Desde alí, dirixiranse ao paseo fluvial para completar o traxecto de ida e volta. En total, cubrirán unha distancia de 11 km de dificultade baixa, saíndo desde o leito do río Mero para chegar ata Peiraio, nas inmediacións do encoro de Cecebre.

Con esta proba non competitiva, a agrupación busca fomentar o uso da bicicleta como método de desprazamento sostible e saudable. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse, de forma gratuíta, a través da páxina web www.pcmontexalo.com.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.