A Policía Local colabora coa Garda Civil na detención dun home que tentou entrar nunha vivenda

4 Out 2023

A Policía Local de Cambre colaborou, xunto á Garda Civil, na detención dun home que tentara entrar nunha vivenda da praza Vila Concepción, no Temple. Os feitos producíronse esta madrugada, ao redor das 00.50 horas, cando as patrullas da Policía Local e a Garda Civil se desprazaron ata o lugar tras recibir o aviso.

Segundo o relato proporcionado polo dono da vivenda, un home tentara entrar no seu domicilio forzando a persiana. Ao decatarse da presenza do individuo, o dono decidiu saír á vía pública, onde logrou alcanzar ao home. Tras producirse un forcexo entre ambos, o presunto autor conseguiu fuxir do lugar.

A Garda Civil e a Policía Local iniciaron entón un dispositivo de rastrexo grazas á información proporcionada polo denunciante. Os axentes de ambos os corpos de seguridade conseguiron localizalo ao redor das 3.00 horas na avenida das Mariñas. Grazas á colaboración cidadá, logrouse saber, así mesmo, que o individuo tentara acceder tamén a un vehículo en Costa da Tapia. O home foi detido e trasladado ás dependencias da Garda Civil.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.