A Policía Local e a Garda Civil interceptan a tres individuos por furtar artigos por valor de máis de 1.000 euros

1 Xuñ 2023

A Policía Local de Cambre interceptou, o pasado luns, a tres persoas que furtaran produtos por valor de máis de 1.000 euros. As identificacións producíronse despois de que a empregada dun supermercado da capital municipal dese aviso á Policía Local. A traballadora informou a Policía de que tiñan retida a unha muller que tentara furtar produtos do negocio. As outras identificacións producíronse pouco despois, cando os axentes localizaron a un dos autores nas inmediacións do Paraugas do Temple. Este portaba numerosos artigos no seu vehículo cuxa procedencia non puido xustificar. Mentres ocorrían estes feitos, unha patrulla da Policía detivo a outro automóbil. Neste caso, tratábase dunha furgoneta con dous ocupantes que tentaran furtar no mesmo local e que foran sorprendidos cando sacaban os artigos sen pasar por caixa. Unha parte dos produtos subtraídos foron entregados no supermercado. Segundo indican desde a Policía Local, todo apunta a que repetirían estes feitos noutros concellos. Os individuos foron interceptados en Cambre cando se dirixían cara á Coruña, cidade onde residen. Agora mesmo, a Garda Civil tramita as dilixencias ao Xulgado por estes feitos.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.