A Policía Local frustra un intento de roubo nun local de hostalería de Cambre

30 Mar 2023

A Policía Local de Cambre logrou frustar, onte á noite, un intento de roubo nun local de hostalería da capital municipal. Os feitos sucedéronse ao redor das 3.30 horas, cando os axentes recibiron a chamada dun veciño do Parque da Igrexa que advertía que escoitara golpes nos baixos comerciais da zona. A rápida intervención da Policía, que se desprazou ata o lugar poucos minutos despois de recibir a chamada, impediu a irrupción do home no negocio, que tan só alcanzou a provocar danos na cristaleira do local.

Os axentes revisaron a gravación dunha das cámaras do local e proseguiron coa súa investigación. Ao redor das 4.30 horas, a Policía cruzouse cun Citroën conducido por un home con características similares ás do home que tentara entrar no establecemento de Cambre. Nese momento, os axentes tentaron pecharlle o paso e un dos dous policías baixouse do coche para abrir a porta do Citroën. O home puxo o seguro e escapouse do lugar a gran velocidade.

Pouco despois, o home foi localizado en praza España pola Policía Nacional, logrando tamén fuxir do lugar. Finalmente, foi interceptado en Oleiros tras embestir a dous vehículos. A detención realizouse grazas á cooperación entre a Policía Local de Cambre e a Policía Nacional. A Garda Civil colaborou tamén nos labores de procura. O home será acusado por delitos de atentado, danos, roubo en grao de tentativa e furto de vehículo de motor.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.