A Policía Local interpón unha sanción de 1.000 euros a un condutor por dar positivo en drogas

11 Xan 2023

A Policía Local interpuxo, onte, unha multa de 1.000 euros (500 euros por pronto pago) a un condutor por dar positivo nun test de drogas. Esta infracción supuxo, ademais da sanción económica, a retirada de seis puntos do carné. Os feitos producíronse na parroquia de Sigrás, cando os axentes municipais se desprazaron ao lugar tras recibir o aviso dun particular que advertía de que se producira un accidente na zona.

O incidente tívose lugar onte, ao redor das 17.30 horas, na AC-213, no tramo comprendido entre as rotondas dos Campóns e a do Mesón Vasco. No mesmo viuse implicado o condutor deste vehículo que, despois de perder o control do mesmo, impactou contra un noiro de terra.

A Policía someteu ao home a un test de drogas que lanzou un resultado positivo. Este tipo de incumprimentos están recollidos na Lei de Tráfico e Seguridade viaria como infraccións moi graves.

Debido ao accidente, os axentes tiveron que regular o tráfico na zona, dando paso alternativo aos automóbiles que circulaban entre ambos os puntos. Na intervención tomou parte, ademais, Protección Civil, que se encargou de limpar a calzada.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.