A unidade móbil do DNI da Policía Nacional desprazarase a Cambre o luns 23 de novembro, en horario de 09:00 a 13:00 horas. Para acceder ao servizo será obrigatorio contar con cita previa.
O prazo para solicitar cita abrirase o luns 9 de novembro. As persoas interesadas poderán inscribirse en horario de 08:30 a 13:30 horas, a través das seguintes vías:
- Por teléfono, chamando ao 981 61 31 28.
- De maneira presencial, nas oficinas do Concello de Cambre.
Haberá un máximo de 40 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición ata completar a dispoñibilidade.