A V Open Science, incluída na Semana Europea do Desenvolvemento Sostible

13 Set 2022

A feira cambresa é un dos 13 eventos promocionados de toda España.

A celebración da V Open Science está incluída dentro da Semana Europea do Desenvolvemento Sostible. A iniciativa, que inclúe propostas doutros 22 países, busca dar visibilidade ás actividades e eventos cunha liña de acción común: a promoción da sustentabilidade, da Axenda 2030 e os 17 ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). O concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, sinala “o gran orgullo que supón que a feira científica sexa un dous 13 únicos eventos do país en forman parte desta plataforma, que conta con usuarios e usuarias de todo o mundo”.

Esta canle conta con información sobre 2.750 eventos de 22 países que se celebrarán desde mediados de setembro ata o 8 de outubro. A Open Science é a única cita de Galicia que aparece recollida na páxina e unha das 13 a nivel nacional.

A edición máis longa da historia

A quinta edición da Open Science, organizada polo Concello e polo club XentD100cia do IES David Buján, será a máis longa da historia. O primeiro día vivirase o venres, 16 de setembro, de 21.00 a 23.00 horas. A intención é que a xornada sirva como primeira toma de contacto cos estudantes estranxeiros.

Os dous días seguintes, 17 e 18 de setembro, o programa contará con talleres, presentación de proxectos escolares, entrega dos premios OSC 2022 e con postos de divulgación (dos estudantes e de institucións).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.