A Xunta e o Concello de Cambre asinarán un convenio para o arranxo de infraestruturas no río Mero

29 Out 2025

A intervención comprometida, cun investimento estimado de preto de 900.000 euros, centrarase nunha extensión duns 17 quilómetros

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, acordaron onte asinar un convenio para o arranxo de diferentes infraestruturas no río Mero, ao seu paso polo Concello de Cambre. A actuación, que afectará a unha extensión aproximada de 17 quilómetros, conlevará un investimento de preto de 900.000 euros. No transcurso da reunión, na que participou o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, abordouse a situación desta infraestrutura, de gran demanda por parte dos veciños, non só do Concello de Cambre, senón de toda a área metropolitana, para actividades como sendeirismo ou roteiros ciclistas. Con todo, o mal estado no que se atopa actualmente, con diversos tramos pechados, fai necesaria a reposición ao completo deste servizo.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.