Accións formativas sobre Soldadura, Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas e Sistemas microinformáticos

24 Out 2022

O Centro Municipal de Formación de Cambre acollerá a celebración de tres novas accións formativas:

Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG,
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
Sistemas microinformáticos (instalacións en sistemas operativos, aplicacións informáticas e ofimática).

Estes cursos están dirixidos a persoas rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego. A maiores, o alumnado deberá ter, como mínimo, un título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente para poder acceder a estes programas.

A previsión é que tanto o de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (678 horas lectivas) como o de Sistemas Microinformáticos (618 horas lectivas) poidan comezar en novembro. Doutra banda, o de Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas (658 horas lectivas) arrincaría no mes de decembro. En total, ofértanse 45 prazas, 15 por programa.

As persoas que necesiten máis información poderán contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local chamando ao teléfono 981 61 31 96 ou enviando un correo a adl@cambre.org.

Taboleiro

Convocatoria para a selección dun técnico de xestión de administración xeral interino [Actualizado (20/03/23): modificación da lista definitiva de admitidos/excluídos do concurso-oposición para a selección dun técnico de administración xeral interino e convocar á aspirante, dona María Raquel Breijo Trevín, para a celebración do exercicio da fase de oposiciónConvocatoria para a selección dun técnico de xestión de administración xeral interino]

O Concello de Cambre publica toda a información relacionada coa convocatoria de concurso-oposición para a selección...

Axudas de BONOTAXI 2023

Cambre aposta novamente polas axudas do Bonotaxi, unha achega para facilitar o transporte das persoas con diversidade...