o martes 9 de decembro abrirá o prazo de inscrición para as Actividades da Escola de Actividades Físicas e Saúde 2026, dirixidas á poboación en xeral.
O programa desenvolverase de xaneiro a decembro de 2026 (agás xullo e agosto) e inclúe actividades como ioga, taichi, relaxación e ximnasia de mantemento, ademais de clases específicas para a terceira idade.
As inscricións poderán realizarse do 9 ao 18 de decembro, nos rexistros municipais ou a través da sede electrónica.
Se hai máis solicitudes ca prazas, farase un sorteo o 22 de decembro. As listas provisional e definitiva publicaranse o 23 de decembro e o 8 de xaneiro, respectivamente.
As actividades que conten co número mínimo de persoas inscritas comezarán o 12 de xaneiro de 2026.
Para presentar por sede electrónica, deberán cumplimentar a solicitude de inscrición e adxuntala nunha solicitude xeral a través do seguinte enlace:
https://sede.cambre.es/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral_N
PROGRAMA DE ACTIVIDADES ESCOLAS DEPORTIVAS 2026
SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN 2026
LISTADO PROVISONAL admitidos actividades 2026
LISTADO DEFINITIVO admitidos actividades 2026