Actividades educativas municipais curso 2022/2023

19 Set 2022

Concello de Cambre publica a información relativa ao programa de actividades educativas municipais para o curso 2022/2023. 

A oferta deste ano académico incluirá as seguintes propostas: 

  • Xadrez (iniciación)
  • Xogos predeportivos
  • Escola de minivoleibol 
  • Escola municipal de ciclismo
  • Obradoiro de inglés
  • Actividade de informática: robótica e programación
  • Escola de Familias, con sesións sobre as seguintes temáticas: absentismo e fracaso escolar, mediación de conflitos no ámbito escolar, uso responsable de redes sociais e iniciación á educación afectivo-sexual e coñecemento da diversidade)

As persoas interesadas poderán tramitar a súa inscrición presentando o formulario de solicitude e o resto de documentación necesaria pola sede electrónica do Concello de Cambre ou de forma presencial en calquera dos rexistros de entrada (neste caso, deberán solicitar cita previa). O período de inscrición estará aberto do 19 ao 26 de setembro.

Información actividades educativas municipais 2022/2023

Ficha inscrición actividades educativas

Ficha inscrición Escola de Familias

Taboleiro

Nadal na Casa Arrigada

Nadal na Casa Arrigada: actividades gratuítas para a mocidade de 12 a 30 anos A Casa Arrigada volve converterse este...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.