Adxudicada a ampliación do complexo deportivo da Barcala

1 Feb 2023

A xunta de goberno local adxudicou, esta mañá, o proxecto de reforma e ampliación do complexo deportivo da Barcala. As obras, que foron adxudicadas por 271.579 euros (IVE incluído), supoñerán a construción dunha sala diáfana de 100 m2. En concreto, as obras permitirán crear unha nova estancia no semisoto onde se atopa, actualmente, o patio-xardín. As actuacións previstas non afectarán á distribución actual do edificio, xa que se expón a execución dun volume totalmente independente. Esta nova sección dispoñerá de acceso desde as escaleiras e o ascensor, que xa chegan ao semisoto e permiten a entrada ao ximnasio. A conexión con esta zona adicional realizarase a través dun corredor que estará situado na esquina do ximnasio. Este corredor conectará o desembarco das escaleiras e o ascensor co patio, sen necesidade de pasar polo ximnasio. Trátase dunhas intervencións que o equipo de goberno considera “fundamentais” e que posibilitarán a organización dun maior número de actividades deportivas para os usuarios e usuarias desta dependencia. O Concello xa sacara o proxecto a contratación por 187.187 euros, pero a licitación quedou deserta pola subida xeneralizada de prezos, obrigando a aumentar o orzamento de execución por contrata ata os 274.322,69 euros.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.