Adxudicada a reforma do parque infantil de Francisco Rodríguez, no Temple

18 Mar 2026

O Concello de Cambre vén de adxudicar as obras de reforma do parque infantil da rúa Francisco Rodríguez, no Temple, co obxectivo de renovar este espazo e mellorar as súas condicións de seguridade, accesibilidade e uso.

A actuación, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS+ Adicional 2/2023), permitirá modernizar as instalacións e mellorar o seu estado actual.

O contrato foi adxudicado á empresa EULEN, S.A., tras o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o pasado 5 de marzo de 2026. O proxecto conta cun orzamento base de 144.757,06 euros e foi adxudicado por un importe de 121.000 euros, tras o correspondente proceso de licitación .

As obras incluirán a renovación integral do parque, con actuacións como a instalación dun peche perimetral, a substitución do mobiliario existente e a plantación de arborado.

Unha vez formalizado o contrato, poderase iniciar a execución das obras conforme ao proxecto técnico aprobado.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.