Alcaldía

Saúdo da Alcaldesa
Cambre é un Concello que medra coas súas xentes e que mira ao futuro sen esquecer as súas raíces. Dende o Concello queremos que esta páxina web sexa unha ponte directa entre a administración e a veciñanza, un espazo aberto e útil no que atopar información, realizar xestións e descubrir todo o que Cambre ten para ofrecer.

Esta ferramenta dixital nace para facilitar a vida cotiá da cidadanía, poñendo ao seu alcance trámites e servizos de xeito sinxelo e accesible, a través da sede electrónica, ao tempo que abre unha xanela ao noso patrimonio, á nosa cultura e á nosa riqueza natural.

Se estás a descubrir Cambre por primeira vez, convido a que explores enclaves únicos como o paseo do río Mero, a Igrexa de Santa María de Cambre ou o xacemento romano, mostra viva da nosa historia milenaria. Tamén che propoño mergullarte na maxia do Bosque Animado, un lugar onde a natureza e a literatura se dan a man para crear unha experiencia diferente. Espazos que fan de Cambre un destino para vivir, visitar e sentir.

E se xa formas parte desta comunidade, anímote a seguir participando activamente na vida do Concello, porque entre todos e todas facemos de Cambre un lugar mellor.

Grazas por visitar esta páxina. Ogallá che sexa de utilidade e, sobre todo, que che faga sentir máis preto de Cambre.

Diana Piñeiro
Alcaldesa de Cambre

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.