Ánxeles Dorrio, Nostos, Marcos Pin cuarteto e NGBM cuarteto, propostas do Concello para o VII Temple Jazz

30 Mai 2023

O jazz volverá marcar o ritmo do verán co VII Temple Jazz. O Concello sacou a licitación a organización da próxima edición, na que se prevé que se suban ao escenario Ánxeles Dorrio, Nostos, Marcos Pin cuarteto de guitarras e NGBM cuarteto. Como vén sendo habitual, os concertos celebraranse no parque Ramón Barba durante as noites do 7 e 8 de xullo.

A concelleira de Cultura en funcións, Mónica Varela, sinala o compromiso do Concello por “seguir apostando por este xénero musical, que reúne, ano tras ano, a un maior número de adeptos entre a veciñanza”.

Para a realización do festival, saen a contratación de varias prestacións estruturadas en dous lotes: por unha banda, a contratación e o servizo de dirección artística e, polo outro, o servizo e subministración de produción. O valor estimado do contrato é de 35.818,85 euros e o prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 12 de xuño.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.