Ánxeles Dorrio Quinteto e Marcos Pin Electric Quartet marcarán o ritmo no Nadal de Cambre

12 Dec 2023

Ánxeles Dorrio Quinteto e Marcos Pin Electronic Quartet serán os encargados de marcar o ritmo do Nadal de Cambre. Farano nas Noites de Jazz no Nadal, que terán lugar os días 15 e 16 de decembro no centro sociocultural do Graxal e na Casa da Cultura Vila Concepción, respectivamente.

O concelleiro de Cultura, David Saborido, sinala que este xénero “ten unha enorme acollida e arraigo no noso municipio, algo que se veu demostrando nos ciclos que se realizan arredor do jazz. Estes concertos sempre atraeron a un gran número de persoas asistentes, polo que o noso obxectivo é seguir apostando por este estilo musical”.

Por un lado, este venres, 15 de decembro, Ánxeles Dorrio Quinteto actuará no centro sociocultural do Graxal (21.00 horas). Ánxeles está considerada como unha das mellores voces galegas da súa xeración. Na actualidade é cantante nos grupos Ejazz e Sisters in The House e, anteriormente, formou parte do grupo VenueConnection.

Ao día seguinte, sábado 16 de decembro, Marcos Pin Electric Quartet tomará o relevo na Casa de la Cultura Vila Concepción (21.00 horas). Ao longo da súa carreira, Marcos Pin tocou e gravou con multitude de artistas. Entre eles, encóntranse Eva Folch, Jonh Ruocco e Nani García.

O aforo para ambos recitais é limitado, polo que as persoas que queiran asistir deberán reservar, previamente, as súas entradas nos teléfono 881 91 74 32 ou no 698 123 960.

Tamén che pode interesar