Arrigada ampliará a carteira de hóspedes das súas casas-niño, que acollerán tamén a morcegos

5 Feb 2024

Os hoteis para paxaros instalados en Casa Arrigada verán ampliada a súa carteira de clientes. Ata agora, as casas-niño colocadas no xardín da instalación xuvenil acollían, unicamente, a aves. Como novidade este ano, desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil promoveron tamén a instalación dun refuxio para morcegos.

A iniciativa púxose por primeira vez en marcha no 2022 dentro do programa da área de Xuventude ‘Por fin é venres’. A proposta contou coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que donou estas construcións ao departamento municipal, e dun particular que cedeu tamén a construción para os morcegos.

Pola súa parte, os mozos e mozas participantes nas actividades da OMIX volveron a encargarse do mantemento destos elementos para que poidan seguir sendo un auténtico fogar para istos animais.

A colocación das casas realizarase nos próximos días, coincidindo coa época na que istos animais buscan niños para criar aos seus polluelos. En total colgaranse cinco destas construcións: catro en Arrigada e unha máis no paseo fluvial do Mero, na zona máis próxima á instalación xuvenil.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.