Arte cunha mensaxe de sensibilización ambiental: así é ‘De mil madeiras’, a exposición de Moxom

27 Abr 2024

A arte emerxe dos lugares máis inesperados. Esa é, precisamente, a idea central que Xosé Manuel Rodríguez (Moxom) demostrará, no mes de maio, coa súa exposición ‘De mil madeiras’. A mostra reunirá preto dunha trintena de pezas “inéditas e descoñecidas” que el mesmo confeccionou en colaboración da súa muller Maite. O traballo do artista chegará á sala de exposicións de Vila Concepción o luns, 6 de maio, e poderá visitarse ao longo de todo o mes.

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, explica que a exposición reforza o compromiso do goberno por continuar “dinamizando Vila Concepción, ofrecendo á veciñanza un amplo abano de opcións de lecer e dándolle a coñecer diferentes disciplinas artísticas”. O edil agradece a implicación do autor “cuxo traballo coa madeira é unha auténtica obra de arte”. Saborido incide en que, ademais de dar a coñecer ao público “a sensibilidade da obra en si, trátase tamén de coñecer ao artista que hai detrás deste traballo”.

A exposición estará composta por unhas 24 pezas colgantes e por outras dúas de pé de algo máis dun metro de altura. Todas serán distintas, pero terán un nexo en común: están elaboradas con restos de madeira que Xosé Manuel e a súa muller foron recollendo para este fin. “Do que se trata é de darlle unha segunda vida a esta madeira”, explica o artesán, reafirmando a idea de que ‘De mil madeiras’ ten un valor artístico e transmite, ademais, a importancia de reciclar e reaproveitar materiais.

Proceso de elaboración 
O proceso de elaboración de cada obra iníciase coa recolección das madeiras, e continúa co tallado, a aplicación dun produto que protexa o material e, por último, coas tarefas de pintado. Todos estes labores coróanse, ademais, cun bautismo: “na miña obra non hai moitos animais nin tampouco homes. *É unha colección feminina e gústanos poñerlles nome as pezas, dálles máis personalidade”, explica o artista.

Ao longo da súa traxectoria, Xosé Manuel Rodríguez dedicouse a outras disciplinas artísticas como a pintura, o collage e a banda deseñada. A mostra de Cambre é, de feito, o resultado da transformación de moitos dos seus debuxos en pezas de madeira.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.