Os bancos de Casa das Palmeiras recuperaron as cores das bandeiras Trans e LGTBIQ+ grazas ao traballo dos máis novos e novas. Estes elementos pintáronse, por primeira vez, en xullo de 2021. Desde entón, algúns tons lucían xa descoloridos. Por esa razón, desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil decidiron incluír esta actividade de repintado dentro da programación de Kdadas de Semana Santa, dirixida aos máis novos.
Ademais dos traballos de pintado, os rapaces tiveron que acometer as seguintes tarefas: limpeza, lixado e, por último, tinguido dos bancos cos tons de ambas as bandeiras.
Con esta proposta, alcanzouse un dobre obxectivo: por unha banda, promover a igualdade e a diversidade entre a mocidade e, pola outra, involucrala no día a día da comunidade, facéndoa cómplice na mellora e mantemento das instalacións municipais e elementos de mobiliario urbano.