Avanzan os murais do V Cromático Mural Fest

14 Xul 2022

  • Continúan traballando os artistas, Mon Devane, Socatoba, Magda Cwik e Huariu, que plasmarán as súas creacións en Sigrás, Cambre, A Barcala e Ou Amorne.
  • A polaca Magda Cwik anima a que calquera persoa que o desexe poida axudala durante o proceso creativo.

Os murais urbanos do Cromático Mural Fest continúan tomando forma. Esta é a quinta edición dun evento co que o Concello de Cambre pretende levar a arte urbana ás rúas do municipio e que este ano chega, por primeira vez, mais alá das zonas urbanas.

Mon Devane (Galicia), Socatoba (natural de Badaxoz e residente en Barcelona), Magda Cwik (Polonia) e Huariu (Portugal) son os artistas invitados que, ata o domingo 17 de xullo, están a encher de cor o municipio e sumarán así máis obras ao museo ao aire libre municipal que se crea a través deste festival e que, cando finalice esta edición, contará con 30 obras. Trátase dunha proposta equitativa e con expoñentes de Galicia, España e tamén de Portugal e Polonia.

As obras están a realizarse en Cambre, A Barcala, O Temple e Sigrás, chegando así por primeira vez ás parroquias fóra do núcleo urbano. O galego Mon Devane está a traballar no antigo Hostal Alba (Vos Campóns, Sigrás). O portugués Huariu é o encargado de poñerlle cor a unha parede de Cambre (nas inmediacións da estrada Cambre-O Temple). A artista Socatoba (natural de Badaxoz e residente en Barcelona) fai o propio en O Temple, pintando no coñecido como Parque do xardín (baixo a ponte da autoestrada). Por último, a polaca, Magda Cwik, deixa o seu sinal na urbanización A Barcala (rúa Río Sil), dando continuidade ao mural que se realizou en 2021.

Neste caso, a polaca anima a que calquera persoa que o desexe poida axudala durante o proceso creativo. Tras o éxito que o mural colaborativo tivo na pasada edición, o Concello propuxo continuar con este traballo, apostando igualmente por converter o edificio Lumiera nun bosque animado. A actividade realizarase os días 13, 14 e 15 de xullo e está aberta á participación de calquera persoa. A isto hai que sumar a organización de varios obradoiros, impartidos por Viviana Lucciano e Tope Rodríguez.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.