O día 26 de xuño de 2024, ao longo da mañá, vaise a realizar unha proba das sirenas da Presa de Cecebre, que no caso de producirse un incidente grave actuaría como elemento de
aviso á poboación.
Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns.
Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non ser verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais.