Cambios puntuais no tráfico a raíz do inicio das obras de reordenación do parque de Francisco Rodríguez

30 Mai 2024

Informamos os veciños e veciñas de que o vindeiro martes, 4 de xuño, comezan as obras para a reordenación da contorna do parque infantil da rúa Francisco Rodríguez.

Durante a realización das mesmas, produciranse unha serie de cambios no tráfico da zona:

  • O último tramo da rúa Celso Emilio Ferreiro (desde o garaxe sinalado co número 21) estará pechado ao tráfico por mor da execución dos primeiros traballos de demolición do firme actual.
  • Con todo, os condutores que desexen acceder aos garaxes e os que circulen polo tramo inicial da rúa Celso Emilio Ferreiro terán saída pola rúa perpendicular a Francisco Rodríguez.

Lamentamos as molestias ocasionadas.

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.