Cambre abre as portas do mercado laboral a 25 mozos co curso de monitor de actividades de tempo libre

30 Out 2023

Os vinte e cinco participantes do curso de monitor de actividades de tempo libre da OMIX de Cambre atópanse no ecuador do programa formativo. Trátase dunha formación que suscita interese entre os máis novos e que, para moitos deles e elas, se converte nunha auténtica oportunidade para ter a súa primeira oferta no mercado laboral. Ao longo dos últimos días, os mozos e mozas realizaron o módulo de campismo e actividades ao aire libre no albergue de Gandarío. Durante a fin de semana recibiron a visita do concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, e da edil de Xuventude, Ana Rodríguez.

O programa formativo arrincou a principios de setembro e prolongarase ata o 16 de decembro, ofrecendo un total de 200 horas lectivas aos alumnos e alumnas. Por medio desta acción formativa, enmarcada no programa Trans-fórmate da Oficina Municipal de Información Xuvenil, o alumnado está a aprender técnicas de animación, xogos, actividades ao aire libre, algo de socioloxía, pedagoxía, psicoloxía, axudas e recursos públicos etc.

Na formación, os mozos están a abordar temáticas como educación ambiental, recursos, axudas públicas, lexislación e resolución de conflitos. Así mesmo, o curso inclúe un pequeno módulo de actividades para maiores e 3ª idade.

Unha vez concluídas as 200 horas lectivas, as persoas participantes deberán facer un período de prácticas doutras 150 horas. Ao completar ambas as partes, os participantes recibirán o título oficial de monitor.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.