Cambre abre hoxe o prazo para solicitar cabanas castrexas durante a VII Galaicoi

1 Xul 2024

En Cambre, o mes de xullo é sinónimo de Galaicoi. Trátase dun evento que crece, ano tras ano, en número de adeptos e que chegará, en 2024, á súa sétima edición. Coa vista posta no evento, que terá lugar o 19, o 20 e o 21 de xullo, o Concello abriu hoxe, luns 1 de xullo, o prazo de solicitude das clásicas cabanas castrexas para a VII Galaicoi. Estas construcións non só forman parte da cita, senón que son un dos elementos que converten á Galaicoi nunha auténtica romaría.

O período de solicitude estará aberto ata o mércores, día 10, podendo pedilas asociacións, fundacións, ONG, así como tamén agrupacións deportivas, culturais, políticas e particulares. A disposición destas cabanas suscita, ano tras ano, un gran interese entre a cidadanía.

Como novidade, e para facilitar a tramitación das solicitudes, habilitouse un formulario na internet a través do cal presentar as solicitudes.

As persoas solicitantes terán que indicar un mail de contacto e encher, ademais, os campos do formulario cos seus datos. En todo caso, a petición pode tramitarse tamén a través do rexistro do Concello ou pola sede electrónica (onde xa se recolle toda a documentación necesaria).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.