Cambre abrirá o luns o prazo de inscrición do concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Entroido Pequeno

21 Feb 2025

Cambre abrirá o luns, 24 de febreiro, o prazo de inscrición para participar no concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo. A cita, que conta cun gran arraigamento no municipio, celebrarase o sábado, 8 de marzo. Un dos pratos fortes do evento será, precisamente, o certame municipal, no que se repartirán premios por valor de máis de 2.000 euros tras a deliberación do xurado. Os membros do mesmo terán en conta aspectos como a orixinalidade, a creatividade, o uso de materiais reciclados, a posta en escena, e a conservación da tradición, o uso do galego e a inspiración nas fontes culturais á hora de outorgar os galardóns.

Por unha banda, na modalidade de disfraces haberá dúas categorías: infantil (dirixida a menores de 12 anos) e xeral (a partir dos 12 anos). En ambas poderase participar de forma individual ou en grupo. No caso dos grupos terase en conta a idade da maioría das persoas participantes para incluír á agrupación nunha ou outra categoría.

Pola outra, na modalidade de comparsas poderán participar as agrupacións previamente rexistradas e compostas por un mínimo de seis persoas con disfraces relacionados entre si. Unha vez estean no escenario –e ante o xurado do certame- poderán realizar un pequeno espectáculo de tres a catro minutos. As comparsas do municipio que tomen parte no concurso recibirán unha gratificación de 100 euros -sempre que o número delas non supere o total de cinco-.
Por último, á modalidade de carrozas poderán sumarse aquelas compostas por seis ou máis compoñentes, inscritas previamente, presentes no punto de saída e que participen no desfile ata o Campo da Feira.

Un xurado valorará aos mellores participantes de cada categoría tendo en conta os seguintes criterios: orixinalidade, estética, creatividade e traballo na elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas; posta en escena, animación musical, capacidade de interacción do público e mobilización das masas, sátira e crítica social; conservación do Entroido tradicional e uso do galego –tanto oral como escrito-, emprego de materiais reciclados e inspiración en fontes culturais para a temática das carrozas, comparsas e disfraces.

Tras a decisión do tribunal, entregaranse os seguintes premios:

  • Disfraces
    Infantil: 150 euros
    Xeneral: 150 euros

 

  • Comparsas
    1º premio: 300 euros
    2º premio: 200 euros

 

  • Carrozas
    1º premio: 500 euros
    2º premio: 400 euros
    3º premio: 250 euros
    4º premio: 150 euros

O período de inscrición estará aberto ata o 5 de marzo. As persoas interesadas poderán anotarse mediante a presentación da solicitude nos Rexistros de Cambre ou a través da sede electrónica.

Bases concurso de disfraces, comparsas e carrozas Concello de Cambre

Ficha inscrición disfraces

Ficha inscrición comparsas

Ficha inscrición carrozas

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.