Cambre acolle a fase local “As Mariñas” de xadrez do programa Xogade

23 Mar 2026

O Pavillón Sofía Toro de Cambre acolleu os días 15 e 22 de marzo a fase local “As Mariñas” de xadrez, integrada no programa de deporte escolar Xogade.

A competición reuniu a un total de 139 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, convertendo o municipio no epicentro do xadrez base da comarca durante dúas xornadas marcadas pola estratexia, a concentración e o xogo limpo.

No torneo participaron equipos procedentes dos concellos de Oleiros, Culleredo, Cambre, Carral e Sada, nun ambiente destacado pola deportividade entre os participantes.

O concelleiro de Deportes do Concello de Cambre, Omar Gonzalo, asistiu en representación do Concello á xornada, onde tamén participou na entrega de trofeos, poñendo en valor o esforzo dos participantes e o crecemento do xadrez na comarca.

Tras o éxito organizativo desta fase, o club Xadrez Das Mariñas será novamente o encargado de organizar a seguinte cita do calendario. A fase intercomarcal disputarase en Cambre o vindeiro 25 de abril, na que os equipos clasificados competirán cos mellores conxuntos das comarcas da Coruña e Bergantiños.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.