Cambre acolle este sábado 30 o II Encontro de Encaixeiras

28 Nov 2024

O Concello de Cambre colabora coa Asociación Mulleres Rurais Antonia Dans na celebración do II Encontro de Encaixeiras de Cambre, que terá lugar este sábado, 30 de novembro, no pavillón polideportivo municipal Sofía Toro.

Despois de levar a cabo a súa primeira cita o pasado ano, nesta segunda edición espérase a participación de preto de 300 persoas, que chegarán ao concello desde lugares de toda Galicia, como Cesures, Mos, Portonovo ou Camariñas, e tamén desde Asturias.

No encontro, que se desenvolverá de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas, haberá mostras de traballos realizados por artesáns e artesás, palilleiras traballando en directo, así como un espazo de café e encontro.

Ademais, a Asociación de Mulleres Rurais Antonia Dans realizará pola tarde un sorteo de produtos gastronómicos e de creacións artesanais elaboradas polos seus integrantes.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.