Cambre adhírese á Central de Contratación do Estado para reducir tempos e carga de traballo do persoal municipal

10 Out 2023

O goberno local acaba de dar un novo paso para axilizar a situación actual do Concello. En concreto, na xunta de goberno celebrada hoxe acordouse a adhesión de Cambre aos seguintes acordos marcos da Central de Contratación do Estado: subministración de enerxía eléctrica, vehículos automóbiles de turismo e, por último, subministración de motocicletas e ATV/QUADS. Na práctica, esta novidade traerá consigo varias vantaxes: o aforro económico, a redución da carga de traballo por parte do persoal técnico e a axilización dos prazos de tramitación de expedientes.

A edil de Economía, Facenda e Réxime Interior, María Pan, incide que a participación de Cambre nestes acordos marco implicará un aforro económico considerable e permitirá avanzar na tramitación de servizos en precario: “as licitacións faranse a través da propia Central de Contratación, regulándose así o servizo sen que isto conleve unha maior carga para o persoal técnico municipal e para o departamento de Contratación”.

A concelleira avanza que se está estudando a posibilidade de sumarse a novos acordos marco de material de oficina, papel, computadores de mesa, portátiles e outras solucións en postos de traballo e tamén ao de combustible.

A adhesión formalizarase a partir do día seguinte ao acordo da Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación e deixará de ter efecto cando finalice a vixencia do propio acordo. En todo caso, os contratos continuarían en vigor ata a súa extinción.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.