Cambre adxudica os contratos ponte para garantir o suministro de combustible para vehículos e instalacións municipais

5 Abr 2024

A expensas da actualización dos novos pregos da subministración de gasóleo, gasolina e gas GLP para vehículos, maquinaria e instalacións municipais, o Concello acaba de adxudicar os dous contratos ponte cos que garantir este servizo ata a licitación en aberto. Os dous contratos ponte suman un total de 27.187,05 euros e terán unha duración dun ano.   Por unha banda, o contrato de subministración de gasóleo e GLP para instalacións municipais foi adxudicado por 13.581,72 euros e servirá para abastecer aos seguintes edificios: Casa do Concello, centro de saúde de Cambre, centro municipal de formación e nos campos de fútbol de Lendoiro e Brexo-Lema, así como en calquera outra instalación designada polo Concello. O outro contrato, de gasóleo e gasolina para vehículos e maquinaria da Administración local, adxudicouse por 13.605,33 euros e servirá para fornecer combustible de 32 vehículos e máquinas da frota municipal.

Actualización do contrato

A licitación do servizo está pendente desde o 2020. No mes de xullo dese ano, precisamente, o técnico municipal delegou ao departamento de Contratación os pregos de prescricións técnicas, a memoria de necesidade e o informe técnico dos seguintes servizos: subministración en estación de servizo, de gasóleo e gasolina para vehículos e maquinaria municipal, de gas GLP para os vehículos e instalacións térmicas en dependencias municipais e de subministración de gasóleo a piques de consumo en dependencias municipais. Actualmente, o departamento está a realizar a actualización dos documentos debido ao tempo transcorrido desde a elaboración do prego.

 

 

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.