Cambre arranca o seu obradoiro de emprego PROXEDIS SOCIO ofrecendo unha nova especialidade: atención socioeducativa

26 Dec 2023

Cambre acabar de iniciar o seu obradoiro de emprego PROXEDIS SOCIO Sanitario-Educativo. Con todo, respecto a outras edicións, o Concello incorporou unha nova especialización nesta convocatoria. Á parte da modalidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, está a impartirse formación sobre Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade.

O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, visitou, nos últimos días, ao alumnado-traballador desta edición. Na visita, o edil desexoulles un bo inicio no programa, incidindo en que lles brindará “a formación precisa para poder acceder a dúas especializacións cunha gran demanda no mercado laboral”. Durante a súa intervención, Alcantarilla explicou que, máis aló da parte teórica, “con esta experiencia ides ter a posibilidade de poñer en práctica o aprendido grazas ao período práctico nunha das entidades colaboradoras nesta edición”.

Estimular a empregabilidade

En total, están a tomar parte no taller un total de 20 persoas en situación de desemprego: 12 en atención sociosanitaria e outras oito na de atención socioeducativa. Con esta medida, o goberno local mantén a súa aposta por poñer en marcha medidas que estimulen a empregabilidade, ofrecéndolles un programa completo de 12 meses.

En primeiro lugar, terá lugar a parte teórica, que se está desenvolvendo no centro municipal de formación do Espírito Santo. A continuación, as persoas participantes continuarán coa práctica nas entidades colaboradoras nesta convocatoria.

Como noutras edicións, o PROXEDIS SOCIO Sanitario-Educativo inclúe 20 incentivos á contratación do alumnado-traballador. O taller realízase co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.