Cambre avanza na remodelación do frontal da Casa do Concello para mellorar a mobilidade peonil e a accesibilidade

7 Set 2022

Unir o Campo da Feira, a praza Europa e a zona da Casa do Concello, creando así un espazo no que o veciño sexa o protagonista. Esa é a proposta do Concello de Cambre para o núcleo urbano e que se fará realidade, proximamente, a través da remodelación da zona exterior da Casa do Concello. O proxecto, que comezou no mes de xullo e avanza a bo ritmo, supoñerá a creación dun espazo público na parte frontal do edificio consistorial, dando continuidade a outras intervencións executadas nos últimos anos.

O alcalde, Óscar García Patiño, sinala que estas obras supoñen dar un paso máis “para seguir avanzando na peonalización das zonas urbanas. Neste caso, garantiremos a conexión peonil entre o Campo da Feira, a praza Europa e a Casa do Concello”. García Patiño indica, ademais, que estas actuacións “seguen a liña de traballo pola que apostamos nos últimos anos e coa que buscamos crear espazos de encontro, lecer e esparexemento para os veciños e veciñas”.

As obras foron adxudicadas por máis de 60.000 euros e, con elas, cumpriranse os seguintes obxectivos: mellorar as condicións de accesibilidade e mobilidade peonil, poñer en valor os diferentes elementos patrimoniais da zona (igrexa de Santa María de Cambre e cruceiro) e garantir unha maior continuidade co Campo da Feira e a praza Europa.

Creación dun novo espazo de estancia

Por medio deste proxecto, elimináronse as escaleiras e a rampla existentes e elevouse a cota para permitir o acceso directo á Casa do Concello. Ao elevar dita cota, haberá sitio suficiente para crear un espazo de estancia que contará cunha área axardinada e varios bancos. Na zona do cruceiro habilitaranse dúas prazas de aparcadoiro restrinxido. Empregaranse dous tipos de pavimento distintos, un pétreo na zona peonil e no punto de acceso ao Campo da Feira e outro de formigón lavado para a calzada. A maiores, instalarase nova iluminación tanto na zona da praza como no paso de peóns.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.