Cambre busca aos pastorciños que acompañarán ás Súas Maxestades de Oriente na Cabalgata de Reis de 2023

3 Dec 2022

Cambre está a buscar aos pastorciños e pastorciñas que acompañarán ás súas Maxestades de Oriente na Cabalgata de Reis de 2023. A través desta iniciativa, ofreceranse un total de 62 prazas: 36 para o percorrido da Cabalgata do Temple e 26 para a da Barcala – Cambre. A proposta está dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2012 e 2013, que poderán ir acompañados pola súa nai ou pai cubrindo, para iso, a ficha correspondente. As persoas interesadas poderán apuntarse ata o martes, 20 de decembro. Para iso, poderán encher a ficha de inscrición –dispoñible tanto na web municipal como nos rexistros- e entregala nos rexistros ou na sede electrónica. O 22 de decembro ás 13.00 horas realizarase un sorteo no departamento de Cultura para designar ás persoas participantes que irán en cada carroza e en cada percorrido. O día 28 do mesmo mes, ás 20.15 horas, terá lugar unha reunión informativa no centro sociocultural da Barcala.

Bases pastorciños Cabalgata Concello Cambre 2023

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.