Cambre busca ás novas promesas da literatura cunha nova edición do Certame Xoán Díaz

11 Abr 2025

Concello de Cambre e os IES Afonso X O Sabio e David Buján buscan ás novas promesas da literatura co lanzamento dunha nova edición do Certame Xoán Díaz. O concurso, que leva xa trinta e unha edicións, busca estimular a creatividade dos mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.

O certame conta con tres categorías en función da idade:

  • Categoría A: de 12 a 14 anos
  • Categoría B: para os de idades comprendidas entre 15 e 18 anos
  • Categoría C: de 19 a 30 anos

Cada persoa poderá presentar unha proposta nalgunha das seguintes modalidades:

Poesía: deberán presentarse tres poemas como mínimo e de tema e forma libres.
Narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática libre.
Microteatro: a extensión será de entre cinco e dez páxinas a unha cara e con temática libre.

En todo caso, todas as obras deberán estar escrituras en galego e terán que ser orixinais e inéditas (non podendo, ademais, ser premiadas con anterioridade). Os traballos terán que presentarse a través da sede electrónica entre o sábado, 12 de abril, e o mércores, 30 de abril. A solicitude deberá indicar que vai dirixida ao servizo de Bibliotecas e no texto figurarán o pseudónimo, o título da obra e a categoría. Cada persoa deberá achegar, de maneira anexa, tres arquivos. No primeiro irá a ficha de inscrición, no segundo o DNI e no terceiro terá que figurar o traballo. Tras a deliberación do xurado, entregaranse dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados.

Bases Certame Xoán Díaz

Ficha inscrición Certame Xoán Díaz

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.