Cambre, Carral e Annecy, unidos por un intercambio lingüístico entre tres institutos

9 Abr 2024

O IES David Buján e o IES de Carral teñen, desde este curso académico, un lazo irrompible coa cidade francesa de Annecy. En concreto, co Lycée Saint Michel, co que están a tomar parte nun intercambio lingüístico. Durante a primeira fase da iniciativa, que se levou a cabo antes de Semana Santa, o alumnado de Cambre e Carral desprazouse ata o pobo galo. Agora, os mozos e mozas franceses están a facer o propio, e terán ocasión de coñecer Cambre, Carral e outros lugares de Galicia ata este xoves.

Ao longo destes días, os estudantes están a participar en numerosas actividades e saídas. O calendario de hoxe, martes 9 de abril, incluíu, por exemplo, unha actividade multideporte no pavillón do Buján. A proposta desenvolveuse como parte do tema central do intercambio, saúde e vida activa, en colaboración coa área de Educación Física do centro e do IES Afonso X O Sabio. Con todo, o programa abarca tamén excursións á Coruña, ao Grove, a Carral, onde aprenderán a elaborar pan, e tamén a Santiago.

Os institutos de Cambre e Carral organizan este intercambio grazas á bolsa EduExchanges concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.