Cambre celebra a súa XXXI Exposición Micolóxica este domingo 17 de novembro

14 Nov 2024

O Concello de Cambre e a Asociación Micolóxica Andoa celebran este domingo, 17 de novembro, a tradicional Exposición Micolóxica, que alcanza a súa 31º edición. O evento terá lugar no patio do colexio Wenceslao Fernández Flórez, de 11:30 a 17:30 horas, con acceso e participación libre e gratuíta para todos os públicos.

As persoas que se pasen pola exposición poderán gozar dunha ampla e variada mostra de especies de cogomelos, recollidas e identificadas polo persoal experto de Andoa. Os propios especialistas estarán alí presentes para guiar aos visitantes, ofrecendo explicacións sobre características e curiosidades de cada especie exposta.

Ademais, aquelas persoas que o desexen poderán levar exemplares para que os expertos os identifiquen, enriquecendo así esta experiencia participativa.

Con esta exposición búscase achegar ao público o fascinante mundo dos cogomelos, destacar a gran riqueza e diversidade de especies presentes en Galicia, e promover unha visión positiva da micoloxía.

Para máis información sobre a Asociación Micolóxica Andoa, pódese consultar a súa páxina web https://andoa.org/.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.