Cambre completa en tres días a cota de prazas do programa ‘Come ben, vive san’ sobre alimentación saudable

31 Mar 2023

En só tres días, o Concello completou a cota de prazas dispoñibles do programa ‘Come ben, vive san’. A iniciativa, posta en marcha desde a Concellería de Educación e Sanidade, buscará poñer o foco na alimentación saudable, en xeral, e na prevención fronte á obesidade, en particular. Tendo en conta o interese que esta iniciativa suscitou entre os veciños e veciñas, o concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, considera un acerto seguir “apostando por este tipo de programas formativos e educativos cos que queremos concienciar á cidadanía sobre os beneficios de levar unha alimentación equilibrada”.

A programación levarase a cabo entre o 17 e o 21 de abril na aula Portomuíños da Barcala (de 19.00 a 20.00 horas). Cada xornada estará centrada nunha cuestión diferente. Desta forma, o calendario de actividades será o seguinte:

  • Luns, 17 de abril: verduras atractivas
  • Martes, 18 de abril: cociña con legumes
  • Mércores, 19 de abril: tuppers saudables
  • Xoves, 20 de abril: receitas rápidas saudables
  • Venres, 21 de abril: sobremesas sas

Ao finalizar a actividade do venres, realizarase un sorteo de tres agasallos entre as persoas participantes en todas as xornadas. En concreto, sortearanse unha fritideira de aire, unha lékué para cociña en vapor e un libro de receitas sas.

A cota de actividades está chea, pero o Concello habilitou unha listaxe de espera con dous obxectivos: por unha banda, para ocupar as prazas vacantes que puidesen producirse en caso de baixa dalgún rexistrado/a e, polo outro, para avaliar cantos veciños e veciñas poderían estar interesados en tomar parte en próximas iniciativas relacionadas con esta temática.

Todas as actividades estarán dirixidas pola nutricionista e experta en alimentación, Carolina Mosquera. Mosquera xa impartira as sesións dentro da Semana da Alimentación Saudable, en febreiro do 2022. Na xornada inaugural tomará parte, ademais, a nutricionista do centro de saúde de Cambre, Rita Allegue, que asistirá á xornada de arranque do programa. Durante a súa intervención, Allegue informará as persoas rexistradas sobre o servizo asesoramento sobre nutrición que realizan desde o centro médico de Cambre, informando, ademais, sobre como se pode acceder ao mesmo.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.